Saturday 11 de May de 2024

VIII CARREIRA POPULAR CONCELLO DA POBRA DO CARAMIÑAL –II MEMORIAL JESÚS M. HUERTA


VIII CARREIRA POPULAR CONCELLO DA POBRA DO CARAMIÑAL –II MEMORIAL JESÚS M. HUERTA
I CIRCUÍTO DE CARREIRAS POPULARES AROUSA NORTE
IV CIRCUÍTO PROVINCIAL DE CARREIRAS POPULARES DEPUTACIÓN DA CORUÑA.

O domingo 28 de agosto, terá lugar na Pobra do Caramiñal a VIII CARREIRA POPULAR CONCELLO DA POBRA DO CARAMIÑAL – II MEMORIAL JESÚS M. HUERTA enmarcada no I CIRCUÍTO DE CARREIRAS POPULARES AROUSA NORTE “4 carreiras…1 meta” un programa anual de carreiras populares, e no IV CIRCUÍTO PROVINCIAL DE CARREIRAS POPULARES DEPUTACIÓN DA CORUÑA.
O I Circuíto de Carreiras Populares Arousa Nore “4 carreiras ….1 meta” está promovido e organizado por os Concellos que forman parte da Mancomunidade Arousa Norte: Boiro, Rianxo, A Pobra do Caramiñal e Ribeira.
Nesta competición poden participar todas aquelas persoas que o desexen, tanto nenos/as como adultos.
O circuíto estará composto por un total de 4 probas. Comezará o día 28 de agosto de 2016 coa VIII CARREIRA POPULAR “CONCELLO DA POBRA DO CARAMIÑAL, e rematará o 4 de decembro de 2016 coa XII CARREIRA POPULAR “MAR DE BOIRO”.
Cada ano de edición desta Carreira é homenaxeado un atleta, este ano a homenaxe recae na Atleta ÁNGELES BARREIRO RICO, CAMPIOA DE ESPAÑA DE LANZAMENTO DE DISCO.

Información e inscrición
As categorías chupetes e prebenxamíns no Dpto. de Deportes da Pobra, Casa da Cultura e Xuventude “Raquel Fdez. Soler” . A partir do 1 de agosto 2016. Horario: de 9:30h. a 14:30h., telf./fax: 981832590 — Telf. móvil (Pepe Moure): 619229946 .
A inscrición do resto da categorías realizarase a través da plataforma de inscrición á que se pode acceder dende: http://www.arousa-norte.es, http://emesports.es .
DATA LÍMITE INSCRICIÓN: 25 agosto 2016,
Existen dous tipos de inscricións:
-Corredores de circuíto: son os atletas que participan no Circuíto de Carreiras Populares Arousa Norte “4 carreiras…1 meta”
Os atletas que participen no Circuíto de Carreiras Populares Arousa Norte “4 carreiras…1 meta” deberán especificalo no momento de realizar a inscrición.
· Teñen que asistir ás catro probas que conforman o circuíto.
· Deben usar obrigatoriamente un chip e dorsal único para todo o circuíto co distintivo do circuíto
· Realizarán a inscrición e o pago unha única vez.
· As inscricións para os corredores de circuíto pecharanse antes da celebración da primeira proba puntuable.
· O prazo de inscrición remata 3 días antes da primeira das probas (25 de agosto de 2016)
_Corredores de carreira: son atletas que só participan de maneira puntual nalgunha das probas do circuíto.
· Non participan na Circuíto de Carreiras Populares Arousa Norte “4 carreiras…1 meta”.
· Deberán realizar a inscrición para aquelas probas nas que queiran participar, tal e como se indica no regulamento de cada carreira.
· Deberán correr cun chip que se lles facilitará no momento da recollida do dorsal e que deberándevolver ao remate da proba.
Cotas de inscrición:
• A inscrición para os atletas de categorías absolutas(júnior, promesa, sénior e veteranos) para unha proba determinada terá un custo de 6 € por carreira
• A inscrición para os atletas categorías absolutas (júnior, promesa, sénior e veteranos)para o circuíto terá un custo de 20 € (pago conxunto das 4 carreiras).
Inscricións de Categoría Base:
A inscrición para os atletas de categorías de base serán gratuítas.

-RECOLLIDA DE DORSAIS ATA MEDIA HORA ANTES DA CARREIRA, na secretaría instalada na Praza Maior.

CATEGORÍAS:
CHUPETE: 2,3 4 anos de idade.
PREBENXAMÍN masc. e fem.: nados no 2009-2010 e 2011.
BENXAMÍN masc. e fem.: nados no 2007-2008.
ALEVÍN masc. e fem.: nados no 2005-2006.
INFANTIL masc. e fem.: nados no 2003-2004.
CADETE masc. e fem.: nados no 2001-2002.
XUVENIL masc. e fem.. nados no 1999-2000.
JUNIOR masc. e fem.: nados no 1997-1998.
PROMESA masc. e fem.: nados no 1994-1995-1996.
SENIOR masc. e fem: nados no 1982 ata o 1993.
VETERANOS E VETERANAS:
VETERANO/A 1 nados dende 1977 ata 1981 VETERANO/A 2 nados dende 1967 ata 1976 VETERANO/A 3 nados dende 1957 ata 1966 VETERANO/A 4 nados dende 1956 e anteriores

CATEGORÍAS HORARIOS DISTANCIAS
Prebenxamín masc./fem. 10.45 h.. 250 m.l.
Benxamín masc./ fem. 11.00h. 650 m.l.
Alevín masc./fem. 11.00h. 1.300 m.l.
Infantil e cadete masc./fem. 11.30h. – 1 volta- 4.000 m.l.
Resto categorías 11.30h.- 2 voltas 7.800 m.l.
Chupetes 12.15h.

-SAÍDAS: rúa da Paz e META: Praza Maior.
-PERCORRIDO: Saída: Rúa da Paz, rúa Díaz de Rábago, Paseo do Castelo, Xardíns Valle-Inclán, Rúa da Paz, Rúa Gasset, Praza García Martí,rúa Castelao, Paseo Marítimo do Areal, rúa Venecia, rúa da Paz, rúa Díaz de Rábago, Paseo do Castelo, Praza Maior.
(Pídese desculpas aos veciños por as molestias que se poidan ocasionar nos cortes das rúas durante esta actividade)
ENTREGA TROFEOS: ás 13:30h.
-Trofeos aos/as tres primeiros/as clasificados/as por categoría (chupetes exentos).
-Premios en metálico aos/as 5 primeiros/as clasificados/as da carreira absoluta.
HOMES MULLERES
1º) 175 € 1ª) 175 €
2º) 125 € 2ª) 125 €
3º) 75 € 3ª) 75 €
4º) 50 € 4ª) 50 €
5º) 30 € 5ª) 30 €
-Medallas para todos/as participantes prebenxamíns e benxamíns.
-Camisetas conmemorativas so para a Carreira de adultos (7.800m.), ata o final de existencias.
-Duchas no Edificio de Usos Náuticos.
-Servizo médico e de fisioterapia.
NORMATIVA: a mesma da FGA para o Circuíto Provincial de Carreiras Populares.